miércoles, 4 de junio de 2008

poesía para todos : pêle-mêle fel


Doume a benvida e saúdovos a todos por primeira vez con ansia e agardando que isto dure moito tempo.
Como é o meu primeiro post, gustaríame xogar a paralelismos e falar aquí do libro decisivo da miña vida: o primeiro libro de poemas que lin por min mesma.
Foi nunha feira do libro este amor a primeira vista, un título que soa e resoa na cabeza e leva por autor a Franck Meyer, daquela un descoñecido para min. 84 páxinas de poemas curtos, poemas escritos en galego, por un nado en Francia e criado en Alemaña (que ousadía!) Isto si que me chamou a atención! Así foi que tiven que levalo á miña casa.
Dixen que foi o libro decisivo da miña vida porque con el descubrín unha poesía que non me mostraran no colexio. Descubrín a poesía do cotián, a poesía de linguaxe sinxela e directa.
A poesía escrita nun cuarto que podería ser o cuarto meu, o teu, o del.

Foi que namorei del.
E despois de coñecelo comecei a escribir versos.

Recomendo este libro ferventemente, sobretodo aos que non gustan moito deste xénero, porque é ideal para comezar a mergullarse na lírica. Déixovos un aperitivo:

[...]
qué fago aquí
miro a chuvia batida polo vento contra o vidro sucio
o po aquí cheira a alerxia
de cando en vez aínda atopo pelos teus a penas podendo crelo
fica logo algo de ti neste cuarto se ben nada máis que células mortas

(pêle-mêle fel; Franck Meyer)

3 comentarios:

Turzi dijo...

Moitas grazas, Cristinha, pola túa colaboración... e por traernos a poesía á Irmandade.
En breve escribirei sobre algún poemario...
Beixos e apertas (a repartirdes como vexades)

Unknown dijo...

Ola a tod@s,
como non atopei ningún mail de contacto e visto que bos gosto ler invítovos ó CLube Virtual de Lectura Lúa Chea.

http://clubevirtualdelectura.blogspot.com

E parabéns pola vosa iniciativa á lectura.

irmandade dijo...

Tarde chegamos. As vacacións. Solucionado o tema do mail. A partir de agora abrimos a posibilidade de integrarse na irmandade a calquera persoa que o desexe, estaría ben que as persoas interesadas se puxesen en contacto e nos contasen algo delas, intereses, experiencias, etc. Vémonos